CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Testemuño', de Lita Cabellut, toma o MAC da Coruña

Publicado o 25/10/2017 17:01

É unha ambiciosa mostra na que a artista quere despregar as súas preocupacións, saberes e sentimentos para darnos un testemuño.

Por fin aos 56 anos o seu pais natal semella renderse á creadora.
Primeiro pola lenda: unha rapariga da rúa adoptada que remata no top mundial da arte.

Considérase unha artista de ampla visión que combina os oleos dos seus adorados pintores barrocos cos sprays dos grafiteiros.
Á coruña mesmo traladou parte do seu estudio, o lugar da máxia que sempre convoca.

Sorprenden os seus retratos traballados coa técnica do craqueo e pintados cunha mirada ao fondo da alma.

Retratámola co seu fillo escultor tamén presente na mostra. Lita Cabellut falanos dunha cultura xitana que coñeceu xa crecida pero que leva nos xenes.

Fotografías, poemas, pinturas, videos... diferentes modos de expresión para unha mesma intención: a arte o sentimento e a razón.

Un testemuño tan expresivo como estético que Lita Cabellut ofrece na Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

25/10/2017