CRTVG

Buscar

Londres sofre o terceiro ataque terrorista en menos de tres meses

Publicado o 19/06/2017 19:30

O agresor foi detido polos propios viandantes e está baixo custodia policial. Deixou un morto e dez feridos, dous deles de gravidade

Londres, aínda conmociada polo incendio da torre Grenfell, sufriu a pasada noite un novo ataque terrorista, o terceiro en tres meses. Un home lanzouse cunha furgoneta sobre ducias de musulmáns cando saían dunha mesquita. O agresor foi detido polos propios viandantes e está baixo custodia policial. Deixou un morto e dez feridos, dous deles de gravidade.

O ataque tivo lugar pouco despois das doce da noite cando ducias de persoas saían dunha mesquita de Finsbury Park tras os rezos sagrados do Ramadán. Varios dos fieis atendían na rúa un ancián que caera o chan, cando unha furgoneta branca arremeteu contra todos eles. Todas as vítimas son musulmáns, As autoridades agardan a autopsia para confirmar se ese ancián morreu ou non a consecuencia do atropelo. O agresor foi detido polos peóns, que o retiveron ata que chegaron os axentes.

"Berraba que quería matar todos os musulmás", relata esta testemuña. Segundo esta versión, cando foi reducido pediu que o matasen por ter o traballo feito. Este imán explicou, que xunto varios fieis, conseguiu que a multitude non golpease ao agresor, que foi levado a un hospital antes de ser interrogado pola policía. . Trátase de Darren Osborne, un galés de 47 anos, casado e con catro fillos, que non estaba fichado pola policía.  

O Consello Musulmán Británico cualificouno como unha violenta manifestación da islamofobia que, segundo aseguran, está crecendo tras os últimos atentados no país. O alcalde de Londres prometía reforzar a presenza policial nas mesquitas A primeira ministra Theresa May dixo que se trataba dun posible ataque terrorista contra a comunidade musulmá e advertiu que combatirá todo tipo de extremismos.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017