CRTVG

Buscar

Testemuña do suceso en Mondariz-Balneario: "Vai ser difícil que esqueza esa imaxe"

Publicado o 06/10/2021 15:33

Estaba a piques de rematar a actuación. De feito, Bruxo Queimán e Andrea Pousa estaban a despedirse do público. Ninguén se podía explicar como se puido pasar da inmensa felicidade a algo tan triste, indica Bruxo Queimán.

Todo sucedeu en cuestión de segundos e os alí presentes tardaron en ser conscientes do que acababa de acontecer. Di a testemuña que de súpeto unha mole inmensa foi cara el, "vin a morte de preto" para engadir que a árbore ía engulindo ao público quedando todos atrapados polas ramas.   

As ramas da árbore alcanzárono a el e a súa compañeira de escenario Andrea Pousa, a ela nas costas, do que se está a recuperar. Con todo, o maior dano é o emocional que será difícil de esquecer.

Destacan a pronta reacción da técnica de Cultura de Mondariz-Balneario e do presidente da asociación de veciños para atender os feridos antes da chegada dos efectivos de emerxencia. Os artistas agardan amais a pronta recuperación dos feridos e mostran o seu maior apoio á familia e amigos da vítima falecida.

Noticias web

06/10/2021