Test de antíxenos voluntarios en todos os aeroportos galegos
Publicado o 30/03/2021 15:11
Os pasaxeiros que chegaron de Tenerife foron os primeiros que puideron facer o test de antíxenos na Lavacolla. Participaron 23 persoas e todas deron negativo.
Os que realizaron a proba din que así visitan os seus máis tranquilos. A idea é detectar asintomáticos e romper as cadeas de transmisión.
Está previsto que este tipo de tests se fagan tamén nas estacións de tren.