Tesla debuta no XIX Salón do Automóbil de Vigo
Publicado o 04/03/2020 20:45
Entre os 300 coches que caben neste salón de 22.000 metros cadrados hai tres que chaman a atención do público dunha maneira especial.
O fabricante estadounidense debuta nun salón marcado pola presenza imparable dos modelos eléctricos. Case todas as marcas presentes, 36, expoñen as súas versións con motores limpos.
Unha das novidades máis queridas para o público é un pavillón propio para as dúas rodas. Unha trintena de firmas de motocicletas fan suspirar a moitos e a moitas.
A cita co motor, ata este domingo no Instituto Feiral de Vigo.