CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Tertulias literarias en Ourense para fomentar a lectura e o debate entre os máis novos

Publicado o 01/02/2018 21:40
Preto de 200 estudantes da ESO e de Bacharelato debaten estes días en Ourense sobre a obra 'Izan, o da saca', do escritor lugués Xabier Quiroga. Son as Tertulias Literarias en galego que leva organizando dende hai máis dunha década o Concello en colaboración coa Deputación. O obxectivo, estimular a lectura e a oratoria entre os máis novos.






Son mozos de instituto. Hoxe comparten no salón de tertulias do Liceo de Ourense as súas reflexións sobre este libro. Unha novela que mestura realidade e ficción para abordar o paso dos nazis por Galicia na súa fuxida cara a América do Sur tras a Segunda Guerra Mundial.

Un libro que o seu autor concibiu para outras idades pero que é quen de atrapar os máis novos. .

Tras a tertulia, unha charla co escritor permite afondar na obra.
inserto rapa
z
Fomentar o gusto pola lectura e sementar nos máis novos o desexo de coñecer, de investigar... ese é o obxectivo destas tertulias que levan celebrándose dende hai máis dunha década.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

01/02/2018