CRTVG

Buscar

Terrazas cheas en toda Galicia nun día solleiro e de temperaturas altas

Publicado o 28/03/2021 14:36

Cando a realidade abafa, a primavera reparte sol con xenerosidade e insufla alento. As terrazas que hai pouco durmían agardando tempos mellores son agora trincheiras que axudan a resistir.

Na Mariña coruñesa ao mediodía aínda quedaban mesas libres, cousas do cambio de hora, pero os hostaleiros din que están traballando ben, aínda que limitados ao cincuenta por cento da capacidade no exterior.

Cren que será unha boa Semana Santa, dentro das posibilidades, sempre matizan. Polo momento, parece que a primavera seguirá vogando a favor.

Noticias web

28/03/2021