CRTVG

Buscar

Máis calor tras unha noite con temperaturas tropicais

Publicado o 12/07/2019 12:42

Noite tropical en boa parte de Galicia, a primeira deste verán. Estas son imaxes de Ourense, onde houbo que esperar a que baixara a sol para saír á rúa, despois dun día no que as temperaturas se achegaron aos corenta graos. A imaxe repetíase en Santiago. Refrescou á noitiña pero, aínda asi, foi desas noites nas que se puido saír sen chaqueta. Para hoxe, máis calor. Vaian buscando unha sombra porque hai aviso laranxa en Ourense, na zona do Miño. Os termómetros ameazan con superar os 40 graos, e non baixar dos 20. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019