CRTVG

Buscar

Ternera Gallega aumenta as súas exportacións un 99%

Publicado o 27/02/2020 15:37

O 2019 foi un ano de consolidación para as carnes de vacún galegas con selo de calidade. A facturación de Ternera Gallega en primeira venda foi de 123 millóns de euros. No Consello Regulador das IXP consideran que a calidade certificada é un factor clave para manter a cota de mercado tendo en conta as dinámicas decrecentes no consumo de carne.

O que si foi significativamente a máis para Ternera Gallega no exercicio de 2019 foi a produción, cun incremento de 99 explotacións e preto de 2.400 xatos.

O que se mantivo estancado foi o prezo, que oscilou entre os 4,30 e os 5 euros quilo /canal, o que pon en xogo a viabilidade das explotacións.

Canto á IXP Vaca galega Boi Galego, o balance de produción de 2019 tamén é positivo, pero máis lento do que aspiraban no Consello Regulador. A razón é a demora do rexistro da denominación por parte da Unión Europea, demora que os responsables do Consello atribúen ás complicacións do brexit.

Noticias web

27/02/2020