CRTVG

Buscar

Termómetros en ascenso esta fin de semana nas Rías Baixas

Publicado o 12/08/2017 15:02

A fin de semana máis intensa do verán dános a benvida con moita calor

A fin de semana máis intensa do verán dános a benvidade con moita calor. É o caso de Salceda de Caselas. Por iso hoxe, moitas persoas das zonas interiores, decidiron achegarse ata a costa para poder levar mellor as altas temperaturas.

Nestes días de intensa calor cómpre manter todas as precaucións. Moita crema e refrescarse asiduamente, mesmo as esculturas de area piden hidratación. Tanto que entre tantos bañistas atopamos esta imaxe, a de tres peregrinas que se desvían do camiño para poder refrescarse.
E se esta calor lles sabe a pouco, saiban que mañá os termómetros seguirán subindo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017