CRTVG

Buscar

O último para facer turismo en Galicia: facer o Camiño parando en balnearios

Publicado o 17/09/2019 16:03

Trinta e catro países van participar na edición número dezanove de Termatalia. A Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar inaugúrase oficialmente o xoves, en Expourense, pero a partir de mañá hai xa actividade: un congreso sobre a capacidade do termalismo para dinamizar o rural, no balneario de Lobios.

Unha das novidades que o Clúster de Turismo de Galicia vai presentar en Termatalia é o proxecto Un descanso nos camiños. Trátase dun programa específico para combinar dous atractivos turísticos de Galicia: a oferta termal e a peregrinación a Compostela: "Pois que poden descansar nos balnearios para gozar de masaxes, tratamentos... para que o camiño sexa máis saudable. E gozar tamén dos menús saudables que teñen os balnearios", explica Nava Castro, directora de Turismo de Galicia. 

O sector termal dá traballo en Galicia a 15.000 persoas e outras catro mil de xeito indirecto, segundo datos do colectivo, malia a que só 21 das 300 afloracións termais identificadas están actualmente aproveitadas.

Noticias web

17/09/2019