CRTVG

Buscar

Termas en Ourense, un ano pechadas, estrañadas por veciños e turistas

Publicado o 19/03/2021 13:09

Sen auga termal e sen xente, así levan máis dun ano as pozas de Ourense. As termas, un dos grandes símbolos da cidade de Ourense, levan xa máis dun ano pechadas, pero en todo este tempo veciños e turistas non deixaron de estrañalas.

Porque eran moitos os turistas que se achegaban a Ourense para gozar de balde dun baño relaxante e terapéutico.

A ansiada apertura non será a curto prazo, o concello ten que adaptalas á Lei de aproveitamento lúdico das augas termais e facer un protocolo de prevención contra a covid.

Noticias web

19/03/2021