CRTVG

Buscar

Teresa Rodríguez deixa a dirección de Podemos Andalucía polo pacto de goberno co PSOE

Publicado o 13/02/2020 14:22

Teresa Rodríguez asegura que esta é unha separación de mutuo acordo e gradual, e non descarta que Adelante Andalucía, a marca que quere seguir impulsando, xa desde fóra da dirección andaluza de Podemos, poida confluír de novo nun futuro coa formación de Pablo Iglesias. Pero non aproba que Podemos entrara nun goberno de coalición co PSOE.

Ademais, Rodríguez cre que Andalucía quedou sen voz no Congreso nunha lexislatura en que o resto de comunidades históricas e "mesmo Teruel", dixo, si puxeron sobre a mesa as súas reivindicacións. Arroupada polo resto da que ata o de agora foi a dirección de Podemos Andalucía, asegurou que o seu modelo ten máis similitudes cos comúns de Ada Colau.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020