CRTVG

Buscar

Teresa Rodríguez critica a consulta de Iglesias: "É un insulto á intelixencia"

Publicado o 12/07/2019 20:23

• Sánchez contempla incluír ministros de Podemos pero só cun perfil ténico

Pedro Sánchez está disposto a valorar todos os escenarios posibles para conseguir formar goberno. Iso abriría a porta a inlcuír ministros de Podemos pero cun perfil ténico, non da dirección do partido. Pablo Iglesias non acepta vetos. "A democracia non é que gobernen tecnócratas, ou técnicos. Na democracia a xente vota a representantes que van a lexislar e van a gobernar", di Iglesias.  "Pero quen comeza a negociar polos nomes do Consello de Ministros? En que lugar do mundo? Esa cuestión non se desvelará ata que non teñamos un goberno", respóndelle Isabel Celaá, a voceira do Goberno en funcións.

Podemos acaba de poñer en marcha a consulta ás bases para presionar a Sánchez. Pídelle aos inscritos que elixan entre un Goberno de coalición ou apoiar un Executivo do PSOE en solitario. Unhas das voces máis críticas dentro de Podemos, a voceira da formación en Andalucía, Teresa Rodríguez, acaba de publicar nas redes sociais que non votará na consulta. Di que é tendenciosa e un insulto á intelixencia.

Desde o Partido Popular cargan contra Pedro Sánchez por non dar pasos para desbloquear a investidura. Os populares non entenden que se lles pida a abstención cando o PSOE, din, xa escolleu socios.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019