Teresa Ribera propón comprar terreos para crear un corredor verde arredor do Mar Menor
Publicado o 25/08/2021 21:23
A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, propón comprar terreos para crear un corredor verde arredor do Mar Menor e evitar, así, as verteduras tóxicas que nos últimos días acabaron coa vida de 5 toneladas de peixe.
Teresa Ribera visitou este mércores a zona e reuniuse co presidente murciano. Ambos escenificaron a fin da disputa de competencias entre ambas as administracións e acordan traballar unidos para salvar o Mar Menor. Recoñecen que na orde de prioridades hai máis acordo que discrepancia.
A ministra asegurou: "Cando un topa cunha crise destas dimensións diante, fai lembrar que é máis importante resolver cada un dos atrancos de xeito franco que deixar que se resolvan sós".