Teresa Ribera cre que as críticas do sector eléctrico son unha primeira reacción "en quente"
Publicado o 15/09/2021 16:21
As ameazas das empresas, Teresa Ribera, enténdeas como algo natural. É, di, a reacción en quente tras coñecer as medidas adoptadas polo Goberno. Pero quere deixar pasar uns días e logo será o momento de reunirse e falar.
As eléctricas consideran inxusto o plan de choque do Goberno. Vai en contra, aseguran, da súa eficiencia, da ortodoxia europea e crea un clima de inseguridade. Estudarán se recorren á vía xudicial. En canto ás nucleares, a resposta é similar. Con estas medidas sería imposible a continuidade das centrais nucleares en España.
En calquera caso, dende o Goberno lembran que para pechar unha central nuclear necesitan a autorización de Red Eléctrica, o operador do sistema.