CRTVG

Buscar

Teresa Portela viaxa a Toquio para coñecer o campo de regatas

Publicado o 10/09/2019 17:51

Dúas semanas despois de conseguir a medalla de bronce no mundial e facer historia ao converterse na primeira española que disputará seis Xogos, Teresa Portela pon rumbo a Toquio. Falta un ano para a gran cita olímpica, pero a partir deste xoves celébrase alí unha proba, na mesma pista que acollerá os Xogos de 2020. Nesta ocasión, a competición é o de menos.

Aspectos que hai que ter en conta, como que en Toquio os piragüistas remarán en auga salgada. Será unha grande oportunidade para coñecer de primeira man todoa os aspectos que poidan axudala a cumprir o seu grande obxectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019