CRTVG

Buscar

Teremos unhas cacharelas pasadas por auga?

Publicado o 19/06/2019 16:56

Do tempo que teñamos na noite de San Xoán están moi pendentes na Coruña e no resto de Galicia. 

A Coruña

A estas horas esa é a grande incógnita. Sabemos que o venres vai parar de chover, pero a previsión é que como moi tarde o domingo xa o faga de novo. O tempo inestable que padecemos fai  moi complicado saber se conforme avance esa xornada do día 23 e se preparen as cacharelas e as sardiñadas podería escampar de novo. Pero, ademais das precipitacións, son as temperaturas as que están a marcar este mes de xuño. Hai hoxe exactamente un ano, aquí na Coruña gozabamos dunha xornada solleira con 25 graos de máxima, un día redondo de praia, cando hoxe non imos pasar de 20.

Lugo

O 19 de xuño de 2018 en Lugo, rexistrábase unha temperatura máxima de 30 graos. Hoxe, un ano despois exactamente, a previsión é de non pasar dos vinte. Pero nin tan sequera Ourense está a acadar valores que poidamos cualificar de calorosos: hoxe non van rebasar os 23 graos alí, cando hai 12 meses chegaban ata os 35. É certo que xuño do ano pasado foi tamén un mes inestable, pero nos días previos á festa de San Xoán mellorou notablemente o tempo. Desta volta toca resignarse porque todo apunta a que non vai ser así.

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019