CRTVG

Buscar

Tere Abelleira viste xa a camiseta do Real Madrid

Publicado o 14/07/2020 18:53


E vemos a Tere Abelleira coa camiseta do Real Madrid. A xogadora pontevedresa pasou o recoñecemento médico co Real Madrid e asinou o seu contrato. Tere Abelleira xogou catro temporadas no Deportivo. Dá un salto a un equipo que se acaba de formar tras a fusión co Tacón. Un equipo que aspira a competir co Atlético de Madrid ou o Barcelona polos títulos en xogo.

Noticias web

14/07/2020