CRTVG

Buscar

Tere Abelleira e Peke contan as horas para debutar coa selección española feminina

Publicado o 13/09/2020 17:56

Elas son as dúas novidades escollidas polo seleccionador Jorge Vilda para o regreso da selección española feminina. 

Supón a estrea na absoluta para a pontevedresa Tere Abelleira, de 20 anos, que vestíu a camiseta en categorías inferiores.

Para a biscaína Ainize Barea, Peke, esta concentración co combinado español é tamén un soño feito realidade, traballado a golpe de goles e hat-tricks coa camiseta do Deportivo Abanca.

Despois do brusco remate da temporada, aínda quedaban por recoller estes froitos no sementado polo Deportivo Abanca na súa primeira campaña na elite. Na que Tere Abelleira brillou ata conquistar o proxecto do Real Madrid. E na que Peke foi a terceira máxima goleadora da Liga.

O vindeiro sábado España xogará ante Moldavia no Estadio Zimbru, na capital Chisinau. Partido clasificatorio do Europeo de Inglaterra posposto ata 2022. España é actualmente segunda no grupo D, por detrás de Polonia.

Noticias web

13/09/2020