Tere Abelleira debuta coa selección española feminina na goleada diante de Moldavia
Publicado o 28/11/2020 10:14
A xogadora galega Tere Abelleira cumpriu o soño de debutar coa selección española na goleada de España diante de Moldavia (10-0). Tere xogou os últimos 30 minutos do partido e amosouse moi activa, con moita influencia no xogo, sobre todo nas accións a balón parado.
Agora tentará que a confianza do seleccionador continúe para poder estar nas grandes citas internacionais para as que xa está clasificada España.