Terceiro Rallymix Vila Termal de Cuntis para vehículos non convencionais
Publicado o 17/03/2019 10:50
É o Rallymix Concello de Cuntis. Unha proba diferente: sobre catro rodas vemos vehículos distintos aos habituais e coches convencionais. É a terceira edición nesta modalidade, organizada pola Escudería Cuntis Vila Termal.
A proba constará dun único circuíto de 14.800 metros, composto por un 70% de terra e un 30% de asfalto. Nos treitos sobre terra foi onde vimos as manobras máis espectaculares.