CRTVG

Buscar

Terceiro posto para Ares en La Nucía, un rally que gaña Suárez

Publicado o 07/11/2020 21:17

O asturiano "Cohete" Suárez demostrou o seu gran momento e impúxose no Rally de La Nucía por diante de Pepe López e Iván Ares. Suárez e Pepe López mantiveron unha gran pelexa por esa primeira posición mentres que a Iván Ares tocoulle loitar polo podio un pouco afastado dos dous pilotos máis rápidos. 

A guerra de Ares foi con Jan Solans. No último treito, cando Solans tiña unha vantaxe de dez segundos sobre o piloto de Cambre sufriu un problema mecánico e tivo que abandonar. De feito, a organización viuse na obriga de neutralizar ese último treito por mor do incidente de Solans. 

No campionato de España Pepe López segue a sumar puntos para manterse como líder. 

Noticias web

07/11/2020