CRTVG

Buscar

Terceiro caso nunha semana dun home de oitenta anos que morre só na casa en Vigo

Publicado o 09/02/2018 22:03

 

Atopan morto un home duns 80 anos que vivía só na súa casa de Vigo. A sobriña do falecido deu aviso porque levaba dous días sen poder contactar co seu tío. Os bombeiros tiveron que descolgarse dende o teito para poder entrar no domicilio, onde descubriron o octoxenario tirado no chan. O home faleceu por causas naturais. É o terceiro caso destas características que se rexistra esta semana en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018