CRTVG

Buscar

Terceira xornada de cribado en Ribeira con 5.500 veciños citados

Publicado o 14/11/2020 14:23


Esta fin de semana tamén prosegue o cribado na localidade coruñesa de Ribeira.

Desde o xoves e ata o domingo están citados máis de 5.500 veciños de entre 40 e 50 anos. O Sergas envioulles unha mensaxe ao seu móbil coa hora e o lugar en que teñen que facer a PCR. Todos están citados na lonxa nova.

O acceso é peonil e non se recomenda ir en coche. É a terceira xornada de cribado. Só o xoves, pasaron polas instalacións 910 participantes, un 63 por cento dos que foran citados. As autoridades sanitarias decidiron facer esta cribado masivo ante o incremento de casos detectados nas últimas semanas.

Noticias web

14/11/2020