CRTVG

Buscar

Soledad é a terceira vítima da violencia machista en Galicia

Publicado o 03/12/2020 08:32

Galicia comezou 2020 lamentando dous crimes machistas con circunstancias moi distintas, pero idéntico resultado. Dúas mulleres asasinadas pola súa parella con menos dun mes de diferenza.

Manuela Iglesias foi a primeira muller asasinada pola súa parella en Galicia no ano 2020. Tiña 79 anos e morreu dunha coitelada no lombo que lle asestou o seu marido cun coitelo de cociña. Foi o sábado 25 de xaneiro pola noite, na vivenda familiar de Crecente, na Pastoriza. O home, Hortensio Ónega, de 81 anos, guindouse pola ventá despois de matala e morreu tamén. Daquela as autoridades chamaban a atención sobre o incremento dos casos de violencia machista en concellos e aldeas de menor tamaño. Un estudo do Ministerio de Igualdade en outubro alertaba dos obstáculos que teñen as mulleres do rural para saíren da violencia machista.

Un caso distinto foi o do outro crime machista ocorrido pouco despois na cidade de Lugo. Francisco Javier Belda Fernández, de 47 anos, levaba arredor de medio de ano de relación con Clara María Expósito cando lle quitou a vida no seu piso da rúa Ferradura. Matouna o oito de febreiro. A vítima tiña 49 anos e dous fillos, de 14 e 28. A nai dela atopou o cadáver no baño da vivenda, con feridas de arma branca no pescozo. O compañeiro sentimental da falecida foi detido ao día seguinte, acusado dun delito de homicidio relacionado con violencia de xénero.

Noticias web

03/12/2020