CRTVG

Buscar

Terceira renuncia na dirección de Podemos Galicia tras confirmarse a candidatura de Bescansa con Más País

Publicado o 07/10/2019 16:32
Terceira renuncia na dirección de Podemos Galicia tras confirmarse a candidatura de Bescansa con Más País

Ana Abella Galego, afín a Carolina Bescansa e membro ata este luns do Consello Cidadán Autonómico de Podemos Galicia, presentou a súa dimisión do órgano de dirección do partido morado galego, polo que xa son tres as persoas que abandonan a formación despois de confirmarse que Carolina Bescansa liderará o proxecto de Más País na comunidade.

Nun escrito de renuncia, ao que tivo acceso Europa Press, dirixido ao secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino; Abella Galego aduce motivos persoais e razóns radicadas no "clima político que se está vivindo" para abandonar a dirección da organización. 

Esta renuncia súmase ás da ex-secretaria de Organización, Natalia Prieto, e a de Rogelio Santos, irmán da ex-secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada de Común da Esquerda, Carmen Santos. Ambos presentaron a súa renuncia nos últimos días e formarán parte das listas electorais de Más País.