Terceira noite consecutiva de disturbios na capital de Bolivia
Publicado o 08/11/2019 08:23
Continúan as protestas en Bolivia que se iniciaron hai máis de dúas semanas e deixaron xa tres mortos e ducias de feridos.
Por terceira xornada consecutiva, grupos de manifestantes opositores que reclaman a renuncia do presidente Evo Morales enfrontáronse coa policía nas rúas da capital boliviana, La Paz. Na cidade de Vinto, no centro do país, á alcaldesa, do mesmo partido que o presidente, tiráronlle pintura cando fuxía das oficinas municipais asaltadas e queimadas por manifestantes antigobernamentais.