CRTVG

Buscar

Terceira derrota do Lugo na casa

Publicado o 05/10/2019 19:44

As Palmas suma a súa terceira vitoria consectiva ante un rival inferior

O talento das Palmas impúxose a un Lugo menor que lle regalou a pelota e o 70 por cento do campo.

Esa concesión aproveitárona os canarios para apoderarse do partido e manexa-lo ao seu gusto ata o punto de dobrar aos lucenses en número de ocasións, de disparos, de pases e case de posesión.

Este disparo de Cristian Herrera aos oito minutos foi a oportunidade máis clara do Lugo no encontro.

A partir de aquí, Viera colleu o balón e comezaron a sucederse as ocasións contra o marco de Cantero. Petri e Srnic por tres veces estiveron a piques e marcar.

Fixoo Viera, pero o colexiado anulou o gol por fóra de xogo previo do ex lucense Lemos.

Na segunda metade, As Palmas profundizou na mesma idea. Nada máis voltar do descanso, Srnic estrela unha pelota poste tras un gran pase de Pedri.

Un Pedri que pasaría de actor secundario a principal ao converter unha asistencia de Viera, co que está a conectar desde o seu regreso.

Atención a este rapaz de tan só dezaseis anos que ven de ser fichado polo Barcelona.

A entrada de Pekhart por Narváez deulle aire fresco ás Palmas. O checo estivo a piques de aumenta a vantaxe catro minutos despois.

Conseguiuno no engadido, logo dunha magnífica acción combinativa das Palmas que moveu o balón de dereita a esquerda, centra Castellano e Pekhart poñía o cero a dous definitivo.

Terceira vitoria consecutiva dos canarios e terceira derrota do Lugo no Anxo Carro onde xa fuxiron trece dos dezaoito puntos disputados.

Noticias web

05/10/2019