CRTVG

Buscar

Teófilo Edicións publica os estatutos de autonomía de Galicia do 36 e do 81

Publicado o 02/06/2021 21:37

Preséntanse en Santiago os libros dos estatutos de autonomía dos 36 e do 81. Durante este acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos o presidente da Xunta defendeu que nos estatutos galegos cabemos todos e dixo que da man deles Galicia recuperou o orgullo de ser autonomista.

"É bo ter un substrato de conseso mínimo para poder construír un texto. Temos un texto excelente so podemos facer un texto mellor que o que temos e, polo tanto, hai que escoller ben o contexto para poder facer o texto. Pero, ademais temos que saber realmente que é o que queremos modificar, que é o queremos reformar. non reformar por reformar", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.



 

 

Noticias web

02/06/2021