CRTVG

Buscar

Tentan recuperar a esencia do Entroido máis enxebre en Carguizoi

Publicado o 15/02/2020 21:49

Vestían farrapos, enfeluxaban a cara e saían divertirse cos veciños, eran as mascaradas do rural galego.

Estes entroidos nas aldeas decaeron pola dictadura franquista e pola emigración. En Carguizoi levan catro anos tentando recuperalo.

Neste fiadeiro hoxe poñen orde os forasteiros.

Son os peliqueiros de Campobecerros.

Foron convidados polos anfitrións, os agarimosos e algareiros Felos que se fixeron agardar.

As brincadeiras non faltaban nos entroidos de antano, tampouco o bo comer e a música tradicional.

Noticias web

15/02/2020