CRTVG

Buscar

Tensión no xulgado tras declarar o presunto asasino do crime de Aranxuez

Publicado o 12/06/2019 16:17

O presunto asasino de dúas mulleres en Aranxuez pasa hoxe a disposición xudicial. Os familiares das vítimas romperon a berrarlle esta mañá cando o viron aparecer escoltado pola policía. O home foi detido por saltar o cordón de seguridade.

É o marido de Liset Fernández, a muller de 35 asasinada o domingo en Aranxuez, e pai das dúas nenas que quedaron orfas. A desesperación do home estoupou cando o suposto asasino era conducido pola policía ata o xulgado, onde esta mañá prestou declaración.

O sospeitoso, Juan Medoza, alias Juanín, está ascusado de disparar cunha escopeta de caza a Liset, que morreu no lugar do suceso, e a Montse Fernandez, de 23 anos, que faleceu onte a causa das feridas de bala.
As dúas eran irmás de Celestina, ex-muller de Juanín, quen as culpaba da separación. No tiroteo do domingo tamén disparou a súa sogra, que está ferida nunha perna. A ex-muller non estaba no lugar do crime.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019