CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence protestan no pleno da Deputación de Pontevedra

Publicado o 29/03/2019 22:35

Os traballadores de Ence, preocupados polo peche da fábrica, levaron a súa protesta á Deputación de Pontevedra. A tensión foi máxima no salón de plenos pola decisión da presidenta de non permitirlles intervir durante a sesión. Carmela Silva dixo que se solicitou fóra de prazo. Finalmente,o pleno celebrouse a porta pechada, coa ausencia do Partido Popular, que apoiou a intervención dos traballadores. 

A presidenta da Deputación de Pontevedra abandonaba o salón de plenos logo de pedir silencio a un grupo de traballadores da pasteira que reclamaba a súa quenda de palabra. Carmela Silva denegou a súa intervención por solicitalo, dixo, fóra de prazo. A tensión foi máxima.

Fóra, case medio milleiro de traballadores protestaban ás portas da Deputación. O futuro da factoría e milleiros de empregos están no aire. Pídenlle ao Goberno central que actúe e que defenda a prórroga da empresa.

A celebración do pleno continuou a porta pechada, coa ausencia do PP, que apoiou a intervención dos traballadores na sesión.

A Xunta de Galicia advirte de que Pontevedra e Galicia non se poderían permitir a marcha de Ence. O vicepresidente, Alfonso Rueda, amosou a súa preocupación pola incerteza do futuro da planta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019