CRTVG

Buscar

Tensión no pleno da Deputación de Lugo pola situación laboral dos traballadores de Suplusa

Publicado o 31/12/2019 15:03

Os aínda traballadores da extinta Suplusa entraban na Deputación de Lugo para defender o que consideran o seu dereito a ser integrados no cadro de traballadores do organismo provincial. Malia que non provocaron altercados, o presidente decidiu expulsalos do salón de plenos despois dun acendido debate respecto da súa situación.

"Dixeron que non tiñan nada que falar con nós e que a decisión estaba tomada. E nós só somos traballadores que pedimos que se respecte o noso traballo".

PSOE e BNG votaron en contra da moción do Partido Popular que pedía paralizar a subrogación dos traballadores de Suplusa en Tragsa e buscar unha opción máis favorable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019