CRTVG

Buscar

Tensión na manifestación de labregos estremeños que protestan pola situación do agro

Publicado o 29/01/2020 14:57

En Estremadura, os agricultores saíron á rúa. E fixérono en plena polémica pola suba do paro nesta comunidade. O seu presidente, o socialista Fernández Vara, di que o paro sobe pola alza do salario mínimo.

Uns 4.000 labregos e gandeiros saíron á rúa en Badaxoz para advertir de que o agro está morrendo e reclamarlles ás administracións medidas que posibiliten prezos xustos e custos asumibles. Na protesta houbo momentos de tensión entre os manifestantes e a policía, que chegou a realizar varios disparos.

Os sindicatos denuncian que os prezos dos produtos que impoñen as industrias e os distribuidores están lastrando o agro estremeño porque están por riba dos custos de produción. Se o Goberno non toma medidas, din, moitas explotacións van desaparecer.

Noticias web

29/01/2020