CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Ténsase a campaña das primarias do PSdeG cando faltan cinco días de elixir o novo secretario xeral do partido

Publicado o 03/10/2017 21:01

O pacto entre Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero está tensando a campaña das primarias do PSdeG. A cinco días de que os militantes decidan, o voceiro parlamentario dos socialistas galegos cualifica de irresponsables as críticas de Villoslada.

Faltan cinco días para que os militantes do PSdeG decidan quen será o secretario xeral do partido. A decisión de Xoaquín Fernández Leiceaga de retirar a súa candidatura para apoiar a Gonzalo Caballero foi moi criticada por Villoslada, que atribúe o acordo a prácticas da vella garda socialista. O voceiro parlamentario dos socialistas galegos cualificou estas críticas de irresponsables.

O ex-secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, considera un erro que os candidatos ás primarias falen só do que os separa do aparato e dos baróns do partido.

A votación das primarias será o vindeiro domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/10/2017