CRTVG

Buscar

Tende a mellorar a situación no mar, pero segue o aviso laranxa

Publicado o 29/12/2020 14:38

A forza do mar supera o dique do porto de Malpica. Os barcos permanecen ao abrigo ante as malas condicións para pescar. Foron poucos os que decidiron arriscar e saír ao mar con ondas que chegan hoxe aos cinco metros de altura.

Estamos en plena campaña de Noitevella nos mercados e na lonxa apenas houbo produto para cubrir a demanda do día.

A situación tende a mellorar, pero non hai tempo para abastecer os pedidos. Por iso, os praceiros xa advirten de que os prezos van subir para a Noitevella.

Aínda así, o peixe e o marisco non faltará nas mesas no último día dun ano que non esqueceremos.

Noticias web

29/12/2020