CRTVG

Buscar

Os máis retardados andan á procura dos agasallos de Nadal

Publicado o 23/12/2020 14:39

A afluencia de xente nas grandes superficies e pequenos comercios é importante desde primeira hora da mañá.

"Xa que nos abriron o perímetro, aproveitamos para facer as compras de última hora". "Hai xente, pero non é o doutros anos", comentan os clientes.

Moitos agardaron ao último momento para mercar ese agasallo co que sorprender a alguén.

"Eu agardei ao último momento porque como non se sabía se iamos poder xuntarnos...". "É que eu aínda non sei nin o que vou mercar", din dúas consumidoras.

Por iso, moitos teñen claro que nestas datas a organización xoga un papel fundamental.

"Eu fago unha listaxe e así xa me organizo e sei o que teño que mercar", di unha clienta.

Un consello que poden anotar os máis retardados para non volver quedar atrapados no calendario o ano que vén.

 

Noticias web

23/12/2020