CRTVG

Buscar

Temporal de frío e neve en doce comunidades autónomas

Publicado o 03/01/2021 20:57

Este domingo volvíase repetir o colapso nos accesos á serra madrileña.

A Garda Civil volvía cortar a estrada que leva ao porto de Navacerrada debido á neve e á avalancha de cidadáns que se desprazaron ata a zona. O 112 pedíalle aos madrileños, a través das redes sociais, que non subisen á serra.

Xa o sábado unhas 350 persoas, algunhas con hipotermia, tiveron que ser evacuadas do lugar polos atrasos nas liñas do bus de regreso a Madrid.

Iso acontecía en Madrid, pero outras once comunidades autónomas tamén están en alerta por neve, frío, vento, ondada ou aludes.

En Asturias hai cinco portos da rede nacional de estradas que permanecen pechados ao tráfico e outros vinte altos de montaña requiren o uso de cadeas para circular.

En Cantabria a A-67 volvía abrirse á circulación para todo tipo de vehículos, despois de que onte se pechara para os vehículos pesados.

Frío e neve tamén no País Vasco. Seis portos de montaña da rede secundaria permanecen pechados e recoméndase circular con precaución por unha trintena de estradas.

Estampas de neve tamén nas dúas Castelas, Aragón e puntos altos de Andalucía.

As temperaturas seguirán sendo baixas nas próximas horas en practicamente toda a Península, especialmente no norte, e nas Baleares. Agárdanse xeadas en boa parte do territorio para esta noite.

 

Noticias web

03/01/2021