CRTVG

Buscar

O temporal Gloria deixa catro mortos e un desaparecido

Publicado o 21/01/2020 09:05

Os paso do temporal Gloria pola península deixa catro mortos e un desaparecido en Mallorca cando facía barranquismo nun torrente.

Seis comunidade autonomas no terzo leste peninsular e as illas baleares manteñen activada a alerta por chuvia, neve, vento e fenómenos costeiros.O paso da borrasca Gloria pola península deixa, ata agora catro mortos.

A metade das vítimas están na Comunidade Valenciana, unha muller en Gandía e un home en Moixent falecidos por hipotermia.

En Ávila, morreu un home de 64 ao caerlle unha tella na cabeza e en Asturias un automobilista atropelado por unha furgoneta cando poñía as cadeas do coche.

Nas últimas horas, un home de 27 anos desapareceu cando facía barranquismo nun torrente en Mallorca. A pesar de que perdeu intensidade nas últimas horas, Gloria mantén en alerta máis de vinte provincias no terzo oriental da península e as illas Baleares.

Na serra de Gúdar e o Maestrazgo, na provincia de Teruel, o nivel da alerta é vermello por acumulación de medio metro de neve en 24 horas.

En Cataluña, a autoestrada AP-7 está xa operativa despois de permanecer 12 horas cortada ao tráfico entre Figueres e a fronteira francesa polo temporal e na mesma provincia de Xirona varios ríos ameazan con desbordarse.

O teléfono catalán de emerxencias recibiu máis de 4.000 chamadas relacionadas co temporal e 21 persoas foron trasladadas ao hospital, unha delas en estado grave.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020