CRTVG

Buscar

Temporada baixa para a chegada de peregrinos, pero cun febreiro máis positivo que no 2019

Publicado o 02/03/2020 14:23

O vento, a chuvia e as baixas temperaturas do inverno non son escusa para algúns dos camiñantes que chegan a Compostela dende lugares de todo o mundo. Se ben a afluencia é moito maior nos meses estivais, algúns elixen estoutra época do ano para facer o Camiño, en que o descenso de peregrinos non pasa desapercibido.

Un dos lugares onde máis palpable é a baixada é nos albergues. Nos que abren, nótase a tranquilidade. Non obstante, algúns botan o peche en temporada baixa.

E outro dos sectores onde poden constatar a existencia de temporadas altas e baixas é o dos comerciantes da zona vella compostelá.

Porén, a pesar do descenso de camiñantes durante o inverno, neste febreiro a afluencia foi maior que o ano pasado. Iso demostran os datos do reparto de compostelas. Fronte ás 2.119 outorgadas en febreiro de 2019, no mesmo período de 2020 repartíronse 3.076. E coa chegada da Semana Santa agárdase que a repartición vaia en aumento.

Noticias web

02/03/2020