CRTVG

Buscar

Temperaturas baixo cero en moitas localidades do interior de Galicia

Publicado o 25/12/2020 21:10

Con néboa e moito frio, así espertou hoxe a provincia de Ourense, onde se rexistraron as temperaturas mínimas máis baixas. Menos 6 graos nas zonas de montaña e moitas localidades baixo cero e con grandes xeadas.

Tempo de inverno e de temperaturas baixas en toda Galicia nesta xornada do Nadal. Pero cun sol que convivou a saír a pasear os galegos e galegas nas zonas da costa e algúns valentes da Coruña ata se animaron a dar o seu tradicional baño. E os paseos axudaron a baixar os excesos das comidas.

En Lugo e Ourense a mínima achegouse só a un grao positivo e en cidades como Vigo e Santiago amenceron con 4 graos. Tiña que vir o frío a finais de decembro.

Toca abrigarse porque vai seguir indo frío, pero remata o último anticiclón do ano. A partir do domingo cumprirá tamén o paraugas, entra unha nova borrasca que deixará chuvias, temporal no mar e tamén pode que volva a neve.

Noticias web

25/12/2020