CRTVG

Buscar

Tempo morto na carreira de Pau Gasol, cos Xogos de Toquio como último reto

Publicado o 21/11/2019 10:24

En baloncesto, os Blazers cortan a Pau Gasol. A lesión de Pau no seu pé esquerdo propiciou a decisión nos mandatarios de Portland. Aos seus 39 anos, Pau non perde o sorriso. Tras unha carreira brillante na NBA, Pau pon como último reto os Xogos Olímpicos de Toquio.

Tempo morto para Pau Gasol nos Portland Trail Blazers. O equipo de Oregón decidiu de maneira sorprendente activar unha cláusula do contrato co xogador español que que lle permite poñer en suspenso a relación legal.

Portland xa anunciou que si se produce a recuperación do pivote catalán volverán activar a vinculación contratual con el e, mentres, buscarán ligalo ao equipo técnico. Para o maior dos Gasol o obxectivo agora é curar o pé, poder estar nos Xogos Olímpicos e debutar co equipo de Portland para pechar a súa estadía na NBA.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019