CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Tempo estival tamén na costa

Publicado o 12/09/2018 15:13

A praia segue a ser o lugar preferido por moitos para gozar dos últimos días do verán. Na provincia de Pontevedra as temperaturas poden chegar hoxe aos 30 graos, mentres que no litoral norte hai que estar pendentes das brétemas que poden estragar a tarde.

Na Mariña o ceo está cuberto pero o mercurio superará os 20 graos. Por certo, un dato que lles pode interesar; a temperatura da auga entre a Costa da Morte e Ribadeo estará entre os 18 e 19 graos, sen dúbida moi agradable para o que estamos acostumados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí