Tempo estival en Galicia cunha suba de temperaturas, que chegarán aos 34 graos
Publicado o 25/06/2021 15:59
Entrou o verán e fíxoo con forza en Galicia, cunha subida xeneralizada das temperaturas. Especialmente en Ourense, onde transitarán durante boa parte da xornada por riba dos trinta graos centígrados.
"Tempo solleiro tamén no resto de Galicia, con ceos despexados e o mercurio en ascenso. En Pontevedra chegarán aos 29 graos, un grao menos marcarán os termómetros en Santiago e Vigo, en Lugo e Ferrol a máxima será de 25 graos e A Coruña non pasará dos 23.
Para a primeira fin de semana do verán a situación cambia e as temperaturas máximas baixaran ata dez graos con respecto ás deste venres.