CRTVG

Buscar

Temperaturas de récord en Galicia para un mes de febreiro

Publicado o 25/02/2019 18:40

Loce o sol dende primeira hora en Ourense, pero pola mañá todo abrigo é pouco. Os termómetros caeron ata os tres graos na cidade, menos dous e medio houbo en Verín. Xa o di o refrán: en febreiro, sete capas e un sombreiro.

Un sol que co paso das horas comeza a quentar e facer que sobren as chaquetas... E tanto que quenta, onte chegaron aos 27 graos a temperatura máxima dende que hai rexistro nun mes de febreiro en Ourense. O último récord estaba preto de 25, tal día hoxe no ano 2000.

Efectivamente, aínda estemos en febreiro e aínda que polo día volveremos superar os 26 graos, non deixen lonxe as chaquetas porque as noites seguen ser moi fría e despois os corpos reséntense.

Un tempo fóra do normal que convida a botarse a rúa e gozar dos raios de sol.

Noticias web

25/02/2019