CRTVG

Buscar

Temperaturas de outono en pleno mes de xullo

Publicado o 06/07/2021 14:00

Temperaturas baixas para a época do ano en toda Galicia. A provincia de Ourense e A Mariña de Lugo é onde se agardan hoxe as máximas que, en calquera caso, non subirán dos 25 graos. As nubes non deixan entrar o sol de xullo. Os termómetros apenas soben dos 20 graos, alí onde os alcanzan. Na maioría das cidades galegas, roldarán polos 19 ou 20 nas horas de máis calor.

O 6 de xullo do ano pasado, en Ourense, Vigo e Pontevedra, 32 graos e medio, dez máis dos previstos para hoxe. As consecuencias vense ben nas zonas de baño, só demandadas polos máis resistentes ao frío. Pero onde máis se nota o enfriamento do tempo é nas mínimas, que caen aos 12-14 graos en toda Galicia, con valores extremos na alta montaña, coma os catro graos que se rexistraron esta madrugada en Manzaneda.

Noticias web

06/07/2021