CRTVG

Buscar

Temperaturas de 35 graos no interior do país

Publicado o 01/06/2019 21:16

35 graos roldaron esta tarde varios puntos do interior do país coma Leiro, A Arnoia e Pantón. Calor sufocante a un de xuño.

TOTAIS SEN PRINTERS

Quéixanse de valores tan altos a vinte días aínda do verán, malia que con estas imaxes ninguén o diría.

TOTAL SEN PRINTERS

As beiras dos ríos enchéronse de xente buscando o fresco, mesmo algún que fuxiu da cidade de Ourense, a 34 e medio, tres graos menos ca onte, cando se acadou o segundo rexistro máis alto da historia para un mes de maio, pero moitos igualmente para estas datas.

TOTAL SEN PRINTERS

É que podendo estar así, lévase moito mellor a calor.

TOTAIS SEN PRINTERS

Sempre hai quen sofre temperaturas máis altas pero certamente estes días en toda Galicia estanse rexistrando temperaturas de récord.
 

Noticias web

01/06/2019