"Temos claro que o asasino foi Rodrigo", din familiares dos tres asasinados en Burgos
Publicado o 30/07/2021 14:53
A Policía Científica retomou o caso do chamado triplo crime de Burgos que afectou unha ourensá, Julia dos Ramos, o seu home e un fillo menor de idade. Unha nova análise do vehículo familiar, que permanecía ata o de agora na comisaría de Ourense, pode proporcionar novas pistas sobre o acontecido hai dezasete anos en Burgos.
A policía buscará indicios que poidan axudar no sinalamento do culpable do triplo asasinato. No seu momento fora detido Rodrigo Barrio, fillo da parella asasinada, a quen os seus tíos seguen a sinalar como culpable.