CRTVG

Buscar

Temor veciñal en Teis ante os sucesivos roubos e o disparo nun un bar na fin de semana

Publicado o 25/02/2019 14:24

Os comerciantes e veciños de Teis denuncian o aumento de roubos con violencia que se están producindo neste barrio de Vigo nos últimos meses. O último altercado producíase esta fin de semana. Un home disparou de madrugada contra un camareiro que quedou ferido leve cando lle dixo que estaban pechados.

Aseguran que a situación comeza a ser preocupante e piden máis presenza policial, sobre todo nas fins de semana.

O último incidente neste barrio de Teis, onde un camareiro foi ferido dun disparo cunha arma de madrugada, é a gota que colma o vaso da paciencia dos seus veciños e comerciantes.

Nos últimos meses, os roubos con violencia son unha constante e aseguran que teñen medo.

Piden máis presenza policial, sobre todo durante as fins de semana. Temen que situacións coma a desta fin de semana se volvan repetir. Sobre todo porque o suposto agresor aínda non foi localizado.


 

Noticias web

25/02/2019